|
Clases e cursos introdutorios
Nas clases, as mans do profesor/a estimulan unha calidade especifica del ton muscular e isto acompañado por indicacións verbais, axuda e guía ao alumno/a no proceso de deixar ir as tensións impropias, permitindo unha mellor aliñación e balance corporal o que implica maior atención e claridade mental. O alumno/a, aprende a apreciar as aplicacións prácticas do pensamento, a intención e o seu efecto sobre a actividade muscular.
A Técnica Alexander ensínase en clases individuais. Unha lección individual dura uns 40 minutos. Nunhas poucas sesións pódese notar melloras significativas, pero para un progreso continuado recoméndase un mínimo de 20 leccións individuais.
|