|
¿Que é A Técnica Alexander?
Os continuos cambios e retos que leva consigo a vida moderna poden ocupar tanto espazo no noso pensamento que esquecemos a consideración máis importante: nós mesmos.
Cando os mecanismos subconscientes e naturais utilizados para manter o equilibrio e a postura se ven perturbados, por un mal uso habitual ou por algunha lesión, o noso rendemento, tanto físico coma mental, tamén se ve negativamente afectado.
Non obstante, a actividade muscular apropiada para obter una postura equilibrada no é algo que poidamos recuperar simplemente esforzándonos niso, xa que, niso están implicados toda unha serie de reflexos automáticos, os mesmos, que cando traballan adecuadamente, sosteñen o corpo case sen esforzo.
Ao adoptar os principios da Técnica Alexander aprendemos a previr as diferentes interferencias nestes sutís e ao mesmo tempo complexos mecanismos, restablecendo de maneira importante a súa eficacia orixinal, o cal favorece ao mesmo tempo a respiración e a fala.
O movemento, entón, adquire unha nova calidade: é máis coordinado, máis libre e lixeiro.
|